Argazo e Cramoeiro

Recollida de argazo

A recollida do argazo foi actividade moi presente no porto d´A Guarda até hai ben pouco tempo. Tras dos temporais, o argazo chegaba en grandes cantidades á ribeira da vila, falábase de bardas de argazo. Das parroquias rurais viñan carros de bois para cargalo, hoxe só algún que outro tractor. O argazo tiña como principal utilidade o abono das terras. Na sua recollida empregaban un ganapán formado por unha bolsa de rede e unha vara de entre 4-5 metros chamada cramoeiro.

20.02.08 | (sen categoría) |


Comentarios

comentarios desactivados para este artigo


Acerca de

A campaña de dixitalización de álbumes familiares.