Vilanova de Arousa
A Memoria do Mar visita a semana do 10 ao 14 de marzo o concello de Vilanova de Arousa. Aquelas persoas interesadas en participar poden pasar polo local da Confraría de Pescadores en horario de 11:00 a 14:00 e 16: 00 a 19:30. Lembramos que dixitalizamos fotografías, diapositivas ou negativos con contido relacionado co mar en sentido amplo: imaxes de embarcacións, artes de pesca, bañistas, do litoral, redeiras, procesións, tascas mariñeiras ou xuntanzas de pescadores son uns poucos exemplos do material que dixitalizamos.
O Museo do Mar non fica cos orixinais que son devoltos aos seus propietarios unha vez dixitalizados. É máis, as persoas que colaboran no proxecto, alén de contribuíren á conservación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico, levan un CD coas dixitalizacións.
Comentarios
comentarios desactivados para este artigo
Acerca de
A campaña de dixitalización de álbumes familiares.