Xenxa, Lola e Delfina

Xenxa, Lola e Delfina son a imaxe viva da “Memoria do Mar”. Unha fotografía tirada hai 60 anos coas tres mulleres no peirao de Cambados serve de presentación do proxecto. Aquel día, un fotógrafo, seguramente ambulante, retratou tres mozas agardando a vinda do peixe. Regateiras e mariscadoras por imperativo social, Xenxa, Lola e Delfina, hoxe octoxenarias, voltan ao mesmo lugar contando as historias que esta fotografía agocha.

Xuntas as tres, camiñaron o longo do peirao ata chegaren ao lugar da fotografía. Unha vez alí, pousaron as tres para repetir, 60 anos despois, aquela instantánea.

As fotografías son máis do que imaxes de persoas anónimas ou lugares sen nome. Esta que se pasea por toda a costa galega anunciando a chegada da “Memoria do Mar” tivo o xoves 27 de marzo o seu recoñecemento en Cambados.

29.03.08 | (sen categoría) |


Comentarios

comentarios desactivados para este artigo


Acerca de

A campaña de dixitalización de álbumes familiares.